Publicada a Resolución do 15 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 141, do 23 de xullo), relativa á publicación das listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo superior e de xestión de Administración da Xunta de Galicia,
escalas superior e técnica de finanzas (grupos A e B), e unha vez finalizado o prazo previsto no punto terceiro da citada resolución, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas pola parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na súa sesión celebrada o 28 de outubro de 1998, unha vez elevada a correspondente proposta, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas, unha vez emendados os erros materiais constatados, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios correspondentes ó corpo superior e de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), escalas superior e técnica de finanzas, da forma que a continuación se indica:
Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.
Anexo II: figuran os solicitantes excluídos coa expresión das causas da exclusión.
Anexo III: figuran os solicitantes non admitidos, en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 28 de xaneiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 28, do 11 de febreiro).
Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.
Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
9943