Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.896

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de outubro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos.

Advertidos erros na dita orde, publicada no DOG nº 212, do 2 de novembro de 1998, cómpre face-las seguintes rectificacións:

-Na páxina 11.827, columna da esquerda, en causas de exclusión, onde di: «21 taxas baremo non aboadas»; debe dicir: «20 taxas baremo non aboadas».

9889