Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.896

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, convocado por Orde do 3 de novembro de 1997.

Vista a Resolución do 1 de outubro de 1998 (DOG nº 196, do 8 de outubro), do tribunal designado

para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, pola que se ordena a publicación da proposta de aspirantes que superaron as citadas probas selectivas, convocadas pola Orde do 3 de novembro de 1997 (DOG nº 222, do 17 de novembro) e así mesmo vista a Orde do 8 de outubro de 1998 (DOG nº 200, do 15 de outubro) pola que se eleva a definitiva dita proposta, verificada a concurrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, nas bases da convocatoria e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios/as do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) escala de letrados, ós aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución, de acordo coa puntuación final obtida, destinándoos/as ós postos de traballo que así mesmo se especifican.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta resolución deberán cumpli-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, a partir da data da publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Escala de letrados

Nº: 1.

Apelidos e nome: Valencia Vila, Santiago.

DNI: 32.826.172.

Puntos: 98,55.

Posto de destino:-Código: SA,899.10.002.15001.003.-Denominación: letrado.-Centro de destino: Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde.-Localidade: A Coruña.

Nº: 2.

Apelidos e nome: García Magariños, Alfonso.

DNI: 33.267.829.

Puntos: 95,65.

Posto de destino:-Código: PRP.02.00000.15770.104.-Denominación: letrado.-Centro de destino: Asesoría Xurídica Xeral.-Localidade: Santiago de Compostela.

Nº: 3.

Apelidos e nome: Vázquez Forno, Luis Jesús.

DNI: 32.816.503.

Puntos: 85,80.

Posto de destino:-Código: SA.899.10.002.15001.005.-Denominación: letrado.-Centro de destino: Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde.-Localidade: A Coruña.

Nº: 4.

Apelidos e nome: Rodríguez González, José.

DNI: 34.986.412.

Puntos: 85,75.

Posto de destino:-Código: PRP.02.00000.15770.105.-Denominación: letrado.-Centro de destino: Asesoría Xurídica Xeral.-Localidade: Santiago de Compostela.

Nº: 5.

Apelidos e nome: Barreiro Díaz, José María.

DNI: 32.776.659.

Puntos: 85,64.

Posto de destino:-Código: SA.899.10.002.36560.004.-Denominación: letrado.-Centro de destino: Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde.-Localidade: Vigo.

9864