Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.889

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento.

Advertida a omisión da acta na publicación do devandito convenio no DOG nº 203, do 20 de outubro pasado, cómpre publicala a seguir:

Asistentes e representantes.

Representación sindical:

-Por CC.OO. co 45,5%:

Jesús Varela Lodeiro

Ramiro López Peruga

Manuel Valín Ceide

-Por UGT co 27,3%:

Adolfo Mosteirín Turia

Alfonso García Capón

Ramón Calvo Romero

-Por USO co 18,2%:

María del Carmen Arias Río

-Por CIG co 9,1%:

Ignacio Javier García Gómez

Guillermo Rey Rouco

Susana Riveira Fernández

Luis Vigo Lage

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada

Miguel Varela Varela

Ricardo Castro López

José Juan Meijide Calvo

Manuel Sánchez Varela

Juan Manuel González Zaera González

Silviano Pizarro Gómez

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez

Na cidade de Lugo e na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, sita na Avda. das Américas, 15-17 entresollado, reúnense representantes das centrais sindicais e da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo relacionados á marxe, ás 20 horas o día 10 de xullo de 1998, logo da convocatoria cursada para o efecto con obxecto de negocia-lo convenio colectivo de traballo para a actividade de comercio de materiais de construcción e saneamento da provincia de Lugo.

Aberta a sesión e despois de intercambios de distintos puntos de vista chégase ós seguintes acordos:

1º Aproba-lo convenio colectivo de traballo para a actividade de comercio de materiais de construcción e saneamento da provincia de Lugo para o ano 1998, do que se xunta a súa redacción con tódolos seus anexos.

2º Aproba-la táboa de retribucións revisada que figura no anexo I.

3º Publica-lo texto do convenio colectivo, táboas de retribucións coa vixencia que o dito texto indica.

4º Remiti-la presente acta co texto do convenio e documentación adxunta á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo para o seu rexistro e envío ó DOG e ó BOP.

5º Que os atrasos de retribucións se aboarán no mes seguinte á publicación deste acordo no BOP ou DOG.

6º Autorizar expresamente a asesora da Comisión Negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos proceder á tramitación, depósito e publicación.

E en proba de conformidade os integrantes da Comisión Negociadora asinan esta acta no lugar e data expresados no encabezamento.

8647