Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.890

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector das industrias de panificación.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector industrias de panificación, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-9-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Industrias de Panificación, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG o día 25-8-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscricióin no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de setembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Asociación Provincial de Industiras de Panificación da provincia de Pontevedra (Aproinpa)

Convenio colectivo do sector de industrias de panificación, provincia de Pontevedra 1998

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta no seu contido normativo a toda a provincia de Pontevedra, comprendendo nel tódalas industrias e traballadores que se rexan pola Regulamentación nacional do traballo de panaderías, normativa laboral subsidiariamente aplicable en todo o non previsto no presente convenio.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O convenio entrará en vigor ós dez días do seu asinamento, sen prexuízo da súa publicación no BOP, pero os seus efectos económicos retrotraeranse ata o 1 de xaneiro de 1998.

O presente convenio terá unha duración dun ano e os seus efectos finalizarán o 31 de decembro de 1998. Prorrogarase automaticamente por anualida

des se non media denuncia das partes cunha anticipación de tres meses, cando menos, respecto do final da súa vixencia. A dita denuncia deberase facer por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Retribucións.

As retribucións salariais son as que para cada categoría profesional se fixan na táboa salarial que se xunta no anexo I, as cales foron calculadas conforme un incremento do 2,5% sobre a táboa salarial publicada no convenio de 1997. Os ditos salarios servirán de base para o cálculo de tódalas percepcións que sinala o presente convenio.

Artigo 4º.-Antigüidade.

Co fin de fomenta-la vinculación coa respectiva empresa do persoal que actúe na industria panadeira, establécense aumentos periódicos por tempo de servicios dentro da propia empresa para todo o persoal afectado pola regulamentación nas seguintes proporcións: dous bienios do 5% e catro quinquenios do 10% sobre a retribución base.

Para o cómputo da antigüidade para efectos dos aumentos periódicos, terase en conta a totalidade dos anos en servicios prestados dentro da empresa, calquera que sexa a categoría ou grupo profesional no que o traballador se encontre encadrado, aínda que o dito cómputo, para estes efectos, se iniciará desde a entrada en vigor da Regulamentación de traballo (Orde do 20 de agosto de 1968, BOE do 9 de setembro).

Os traballadores que ascendan de categoría ou cambien de grupo percibirán sobre o salario base daquela a que incorporen os aumentos periódicos por antigüidade que lles corresponda, de conformidade co precedente, calculados todos eles sobre o novo salario base.

Artigo 5º.-Plus de iniciación de xornada.

Naquelas empresas en que habitualmente se anticipe o comezo da xornada do persoal de obradoiro, as horas anticipadas serán aboadas cada unha delas cun importe de 398 pesetas, salvo dereitos adquiridos de maior contía.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

As licencias e permisos que a empresa lles poderá conceder ós traballadores serán as que se recollen no cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas ós traballadores, unido como anexo II ó presente convenio.

A empresa concederá licencia non retribuída durante un día, como máximo, ó ano, sempre que se solicite con tres días de anticipación, como mínimo, antes da data do seu desfrute e non concorra a solicitude e licencia coa doutro traballador da mesma sección ou departamento.

Artigo 7º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio terá dereito ó desfrute dunha vacación anual de trinta días naturais.

Artigo 8º.-Xornada e descansos.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, que se distribuirán das 0 horas do luns ata as 22 horas do sábado.

Tódolos traballadores descansarán en cumprimento do establecido no artigo 37.1º do Estatuto dos traballadores, os domingos e festivos e, ademais, desfrutarán dun día de descanso durante a semana.

Segundo se dispón no laudo arbitral do 2 de xaneiro de 1998 (AGA 23/97), as empresas incluídas dentro do ámbito de aplicación do convenio colectivo provincial de industrias de panificación da provincia de Pontevedra teñen a facultade de proceder á apertura en domingo. Os traballadores terán dereito, como mínimo, ó descanso semanal de dous domingos cada mes, desfrutando de forma alterna con respecto ós outros días de descanso semanal en cada mes natural substitutivos do domingo, e percibindo unha gratificación por prestación de servicio en domingo do 100% do salario diario ordinario incluíndo tódolos conceptos, con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1997.

Entran nesta obrigatoriedade do cumprimento deste artigo tódalas panaderías da provincia, sen ningunha excepción.

Artigo 9º.-Pagas extraordinarias.

Para efectos das pagas extraordinarias de xullo, Nadal e Santo Honorato, consistirán nuna mensualidade do salario realmente percibido para cada unha delas; isto é a media dos incentivos devengados no último trimestre inmediatamente anterior ó mes do seu pagamento (mecanización, semimecanización salario base, antigüidade e anticipo de hora, cando proceda).

Artigo 10º.-Gratificación de transporte.

Establécese unha gratificación de transporte na contía de 493 pesetas por día de traballo efectivo para todo o persoal.

Artigo 11º.-Retribución en especie.

Ademais da remuneración en metálico e sen que se compute como salario, tódolos traballadores recibirán 1 kg de pan cada día de traballo, así como os descansos semanais, días de festa non recuperables, días de vacación e días en situación de IT, que deberá ser de calquera das pezas comerciais que a empresa fabrique e nunca elaborado especialmente para os traballadores.

O valor deste suplemento alimenticio non se computará para a determinación do salario en gratificación, aumentos por antigüidade nin para o fondo do plus familiar.

Artigo 12º.-Aplicación más favorable.

Os preceptos do presente convenio aplicaranse en sentido máis favorable para o traballador, sen que en ningún caso se menoscaben aquelas situacións máis beneficiosas que poidan existir por concesión graciable da empresa.

Artigo 13º.-Cesamentos.

O persoal afectado polo presente convenio que se propoña cesar voluntariamente no servicio dunha empresa, deberallo comunicar ó xefe desta, polo menos con quince días de anticipación á data en que se vaia deixar de prestar servicio.

O incumprimento por parte do traballador da obriga de avisar coa indicada anticipación dará dereito a empresa a descontar da liquidación o importe do salario dun día por cada día de atraso no aviso.

Artigo 14º.-Complemento por IT.

No caso de incapacidade transitoria, as empresas aboaranlle ó seu persoal o 100% do seu salario real (salario máis complementos), durante o tempo que dure a hospitalización do traballador afectado, se for necesaria aquela e despois de xustificala.

Igualmente complementarán ata o citado importe as baixas de IT motivadas por accidente de traballo.

Nos demais supostos aboarase o subsidio de IT na súa contía legal.

Artigo 15º.-Festividade de Santo Honorato.

Establécese como festa do patrón con carácter aboable e non recuperable o día 16 de maio, festividade de San Honorato.

Artigo 16º.-Seguro de accidentes.

As empresas afectadas polo presente convenio deberán subscribir no prazo de dous meses, a partir do momento da súa sinatura, unha póliza de seguro colectivo con primas íntegras ó seu cargo, que cubran as seguintes indemnizacións:

Accidente laboral ou común, como resultado de morte, invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez, por un capital de 2.500.000 pesetas.

As indemnizacións faranse efectivas ó traballador afectado ou ós seus sucesores.

Artigo 17º.-Semimecanización.

Os traballadores da sección de obradoiro afectados polo presente convenio percibirán en concepto de semimecanización o 15% de incremento sobre o salario base.

Artigo 18º.-Complemento retributivo en días festivos ou descansos.

A retribución nos supostos de realización de traballo en días de descanso, así como a retribución dos días festivos que se traballen ou se anticipe a súa producción, efectuarase aplicando o módulo habitual de retribución (salario base, antigüidade, gratificación de mecanización e anticipo de horas cando proceda), un coeficiente do 55% de incremento.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio están obrigadas a lles facilitar ós seus traballadores ó inicio de cada semestre natural unha bata ou pantalón e chaqueta curta ou peza similar adecuada ó posto de traballo; o seu uso será obrigatorio.

Artigo 20º.-Recoñecementos médicos.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito a unha revisión médica anual, que se realizará, en calquera caso, a cargo da empresa.

Artigo 21º.-Formación profesional.

As partes signatarias do presente convenio acordan promover cantas accións sexan necesarias encamiñadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional dos traballadores.

En tal sentido, e como primeira decisión ó respecto, as empresas afectadas polo presente convenio comprométense a que as ensinanzas previstas como obrigatorias no Real decreto 1992/84, para os contratos para a formación, poidan realizarse, en canto o dito centro subsista, na escola de formación profesional existente na Asociación Provincial de Industriais de Panificación.

Así mesmo, os títulos e acreditacións que emita a dirección académica da escola de formación profesional en relación ós traballadores que se formen nela, terán o valor de certificado para os efectos do previsto no artigo 10 do Real decreto 1992/1984.

Artigo 22º.-Contratos de duración determinada (Art. 15.1.B) ET.

Para efectos do disposto na Lei 63/1997, do 26 de decembro, sobre contratos de duración determinada, cando os contratos se concerten para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra. Neste suposto a duración máxima do contrato poderá ser de 13,5 meses dentro dun período de 18 meses.

No caso de se concertaren por un período inferior a 18 meses, este poderá ser prorrogado, de común acordo entre as partes, ata o tope máximo descrito.

Artigo 23º.-Comisión mixta do convenio.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes neste convenio, crearase a comisión mixta de vixilancia ou interpretación, correspondendo a súa presidencia á comisión deliberadora do convenio ou persoa en quen delegue, e composta ademais por catro empresarios e igual número de traballadores.

Esta comisión actuará no ámbito da súa competencia, sen invadi-las esferas privativas daqueles organismos e xurisdiccións que teñan unha competencia determinada e concreta, recoñecida na normativa dos convenios colectivos.

Acórdase que se reunirán tódolos primeiros mércores de cada mes ás 19 horas.

Artigo 24º.-Negociación colectiva.

O texto do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da industria de panificación é subscrito pola Asociación Provincial de Industrias de Panificación (Aproinpa) e as centrais sindicais que nel participaron: Confederación Sindical de Comisiones Obreras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT), ademais da Confederación Intersindical Galega (CIG), de conformidade co artigo 85, apartado A, da Lei 8/1980, do 10-3-1980, do Estatuto dos traballadores.

ANEXO I

Táboa salarial en vigor a partir

do 1 de xaneiro de 1998

Categoría profesional

* TécnicosSalarios
Xefe de fabricación87.107
Xefe de taller mecánico85.281

* AdministrativosSalarios
Xefe de oficina e contabilidade87.107
Oficial administrativo78.603
Auxiliar de oficina74.046

Categoría profesional

* En panaderías totalmente mecanizadasPtas./día
Axudante encargado2.469
Amasador2.469
Axudante amasador2.467
Especialista, fogoneiro, acendedor oficial2.469
Mecanico 1ª2.469
Mecánico de 2ª2.469
Mecánico de 3ª2.469
Peón2.469

* Nas restantes panaderíasPtas./día
Mestre encargado2.606
Oficial de pa2.606
Oficial de masa2.536
Oficial de mesa2.482
Axudante2.482
Aprendiz de primeiro ano1.725
Aprendiz de segundo ano1.876

* Dos servicios complementariosPtas./día
Mordomo2.469
Chofer2.592
Vendedor en establecemento2.469
Transportador de pan a despacho2.469
Repartidor a domicilio2.469

* Persoal de limpezaPtas./día
Persoal de limpeza357

ANEXO II

Permisos e licencias concedidas ós traballadores

Motivo da licenciaTempo máximoSalarioAntigüi.Ant. xor.Semi mec.Plus Tras.C. Vol.Documento acreditativo

Falecemeneto de pais, avós, fillos,

netos irmáns e pais políticos

4 días naturais

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Nota necrolóxica e documento que

acredite o parentesto

Enfermidade grave de pais, sogros,

fillos, netos cónxuxe, irmáns e avós

3 días naturais

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Certificado médico que especifique

gravidade

Falecemeneto de noras, xenros,

cuñados e avós políticos

1 días naturais

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Nota necrolóxica e documento que

acredite o parentesto

Falecemeneto de fillo

3 días naturais

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Libro de familia ou certificado do

xulgado

Casamento do traballador

15 días naturais

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Libro de familia, certificado do

xulgado ou igrexa

Casamento de fillos, irmáns e novas

nupcias de pais

1 días naturais

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Certificado do xulgado/igrexa,

parentesco, invitación

Traslado de domicilio habitual

1 días laboral

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Certificado do padrón
Enfermidade e consulta médica.

Consulta especialista SOE e prescrita

por médico de medicina xeral

Polo tempo necesario. Máximo 5 horas día

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Copia volante médico SOE,

xustificante asistencia a

especialista

Consulta médico, medicina xeral

4 h./día máximo

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Certificado médico ou similar
Enfermidade con baixa xeral

3 Prim. días

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Parte de baixa
Accidente de traballo

Día de Accid.

Si

Si

Si

Si

Si

Si

Xustificante servicio médico mutua

patronal

Lactación

S/lei

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Certificado de nacemento
Cargo sindical ou público

S/lei

Si

Si

Si

Si

Si

Si

Segundo caso
Licencia de carácter persoal

1 días ó ano

Non

Non

Non

Non

Non

Non

Solicitar con tres días. Xustificar
Chamada servicio militar

obrigatorio ou voluntario

Tempo necesario

Si

Si

Si

Si

Non

Si

Xustificante incorporación a filas

9879