Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.889

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 245/1998, do 30 de xullo, polo que se aproba a modificación dos Estatutos da Universidade da Coruña.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 167, do 28 de agosto de 1998, cómpre efectua-las seguintes rectificacións:

Artigo 67.3

Onde di: «Cesará no seu cargo por pedimento, por causa legal sobrevida ou por decisión do rector»; debe dicir: «Cesará no seu cargo por pedimento propio, por causa legal sobrevida ou por decisión do rector».

Artigo 70.2

Onde di: «O vicexerente ou vicexerentes auxiliará o xerente e substituirano nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade»; debe dicir: «O vicexerente ou vicexerentes auxiliarán o xerente e substituirano nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade».

Artigo 106.3

Onde di: «Nos centros docentes universitarios existirá unha administración, coa categoría de sección, á fronte da cal estará un xefe de administración que executará ás decisión dos órganos do centro en materia da súa correspondencia»; debe dicir: «Nos centros docentes universitarios existirá unha administración, coa categoría de sección, á fronte da cal estará un xefe de administración que executará as decisións dos órganos do centro en materia da súa competencia».

Artigo 173.2

Onde di: «A biblioteca universitaria está integrada por tódolos fondos documentais (manuscritos, impresos, audiovisuais ou calquera outro soporte) adquiridos polos diferentes organismos universitarios, calquera que fose o concepto orzamentario con que se tivese adquirido, polos procedementos de legados, doazóns e intercambio e mais polos adquiridos en favor da Universidade por outros organismos. Tamén estará integrado na biblioteca o relativo á teledocumentación»; debe dicir: «A biblioteca universitaria está integrada por tódolos fondos documentais (manuscritos, impresos, audiovisuais ou calquera outro soporte) adquiridos polos diferentes organismos universitarios, calquera que fose o concepto orzamentario con que se tivese adquirido, polos procedentes de legados, doazóns e intercambio e mais polos adquiridos en favor da Universidade por outros organismos. Tamén estará integrado na biblioteca o relativo á teledocumentación».

Artigo 173.4

Onde di: «A dirección de cada biblioteca corresponderá a un funcionario da escala de facultativos ou de axudantes de arquivos e bibliotecas. Constituiranse unha comisión da biblioteca universitaria e comisións de bibliotecas de centros, intercambios, institutos universitarios e doutros servicios. A súa composición e funcións especificaranse no regulamento da biblioteca universitaria, que, en calquera caso, terá que garanti-la participación de tódolos sectores da comunidade universitaria»; debe dicir: «A dirección de cada biblioteca corresponderá a un funcionario da escala de facultativos ou de axudantes de arquivos e bibliotecas. Constituiranse unha comisión da biblioteca universitaria e comisións de bibliotecas de centros, intercentros, institutos universitarios e doutros servicios. A súa composición e funcións especificaranse no regulamento da biblioteca universitaria, que, en calquera caso, terá que garanti-la participación de tódolos sectores da comunidade universitaria».

Disposición adicional oitava.

Onde di: «Respectaranse os dereitos establecidos disposicións transitorias contidas na redacción dos Estatutos aprobados polo Decreto 253/1992, do 10 de setembro, da Xunta de Galicia»; debe dicir: «Respectaranse os dereitos establecidos nas disposicións transitorias contidas na redacción dos Estatutos aprobados polo Decreto 253/1992, do 10 de setembro, da Xunta de Galicia».

9928