A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 5 de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a reordenación
de volumes en soar sito na rúa Ramón Cabanillas, redactado por Arteplan Galicia, S.L. e promovido por Construcciones Mesejo, S.L.
De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo dun mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.
Vilagarcía de Arousa, 6 de outubro de 1998.
Joaquín Javier Gago López
Alcalde
9876