Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 6 de abril, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación dunha unidade de actuación sobre os terreos situados na confluencia da rúa Sánchez Freire (nº 83) e a avenida de Antonio Fraguas, fronte á rotonda da vía periférica.

Así mesmo, en sesión do día 27 de xullo, aprobáronse inicialmente os proxectos de estudio de detalle e de estatutos e bases de actuación da xunta de compensación dos terreos afectados, promovidos por Vicente García Porto, S.L.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 121 e 133.4º, en relación do 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e o 44.3º da mesma lei, os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan consulta-lo expediente e formula-las alegacións que coiden oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, para os usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Contra o acto de suspensión de licencias os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1998.

O alcalde

Rubricado

9373