Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por resolución da alcaldía, con data do 8-10-1998, o proxecto de urbanización do plan parcial San Pedro de Veigue, redactado polos

arquitectos Antonio Barro Lago e Manuela A. Soto Gómez, por iniciativa de Inmobiliaria San Pedro de Veigue, S.A., exponse por prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, quedando o expediente á disposición de calquera persoa física ou xurídica que queira examinalo para deducir alegacións.

Sada, 8 de outubro de 1998.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

9838