Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto para a contratación da asistencia á deputación para a execución da expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución das obras incluídas no proxecto variante na E.P. 2104 Carral-Meirama, tramo Meirama-As Encrobas, concello de Cerceda.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia á deputación para a execución da expropiación dos bens e dereitos afectados pola execución das obras incluídas no proxecto variante na E.P. 2104 Carral-Meirama, tramo Meirama-As Encrobas, concello de Cerceda.

2. Orzamento máximo. 2.200.000 ptas.

3. Prazo de execución: non excederá de 6 meses.

4. Clasificación: non se esixe.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Garantía definitiva: 88.000 ptas.

7. Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

8. Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13 dentro do prazo dos trece días naturais contados desde a derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

9. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego: o presente prego queda exposto ó público na Sección de Patrimonio e Contratación durante o prazo de 8 días para os efectos previstos no artigo 122 do Decreto lexislativo 781/1986.

A Coruña, 29 de outubro de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña