Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Laracha pola que se anuncia a contratación da subministración dun vehículo recolector-compactador de residuos sólidos urbanos, por concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP e acordo da Comisión de Goberno, do 25 de setembro de 1998, anúnciase concurso, con procedemento aberto, por tramitación urxente, para adxudica-la adquisición dun vehículo recolector-compactador de residuos sólidos urbanos, conforme o seguinte contido:

Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a adquisición dun vehículo recolector-compactador de residuos sólidos urbanos.

Duración do contrato: dous meses.

Tipo de licitación: 18.000.000 de pesetas.

Pagamento: o pagamento do prezo da adxudicación farase efectivo con cargo á partida orzamentaria 6.2.4.00.

Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, departamento de contratación.

Garantía provisional: será o 2% do tipo de licitación.

Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares (1): durante os 8 primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

Presentación de proposicións: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para presentación de proposicións, excepto se coincidise en sábado; neste caso adiarase ó primeiro día hábil seguinte.

Modelo de proposición: o recollido na cláusula 25 do prego de cláusulas.

Laracha, 25 de setembro de 1998.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

9799