Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE DODRO

ANUNCIO da convocatoria de dúas prazas de operarios de obras e servicios incluída na oferta de emprego público para 1996.

Nos BOP dos días 28-9-1998 (nº 223) e 5-10-1998 (nº 229), publicáronse as bases para a provisión de dúas prazas de operarios de obras e servicios para este concello.

As instancias nas que se solicite tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, debendo achegarlle a esta o xustificante do ingreso da cantidade de 2.000 ptas. en concepto de dereitos de exame.

Dodro, 7 de outubro de 1998.

José Fernando Vila Brión

Alcalde

9292