Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 191, con data do 21 de agosto de 1998, publicáronse integramente as bases para cubrir diferentes prazas vacantes incluídas na

oferta de emprego público do ano 1998 e que a continuación se especifican:

-1 praza de técnico de xestión de informática e secretaría.

-3 prazas de administrativo.

-4 prazas de policía local.

-3 prazas de oficial de mantemento.

-2 prazas de auxiliar administrativo.

O prazo de presentación de instancias para tódalas prazas, agás para a de técnico de xestión de informática e secretaría da que está suspendida a publicación ata a emenda de erros (BOP nº 210, do 12-9-1998), comezará a partir do día seguinte ó de publicación do anuncio no BOE.

Narón, 13 de outubro de 1998.

Juan Gato Díaz

Alcalde

9335