Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada M.J.O.F. número 1, a favor de Amelia Triñanes Silva.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que a interesada obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: M.J.O.F. nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal B, cuadrícula 70.

Data da concesión: 11-6-1974.

Data de finalización da última prórroga: 14-1-2005.

Anterior concesionario: Manuel Vicente Vázquez Santiago (33.185.991).

Nova titular da concesión e batea: Amelia Triñanes Silva (33.231.179).

A nova titular queda subrogada nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigada ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 5 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9446