Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (D0G nº 228 do 21 de novembro), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: Pida.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal E, cuadrícula 231.
Data da concesión: 29-2-1964.
Data de finalización da última prórroga: 30-3-2004.
Anterior concesionario: Antonio Fernández Tubío (33.073.659) e Aurelia Tubío Villanustre (35.408.996).
Novo titular da concesión e batea: José Carlos Fernández Tubío (33.257.010) e Mª José Caamaño González (33.265.845).
Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 5 de outubro de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990)
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña
9445