Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas de cultivo de mexillón denominadas Ríos número 3, Bruma número 5 e Sendón número 2, a favor de Mejilloneras Juan Formoso, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro

(D0G nº 228 do 21 de novembro), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Ríos n 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 77.

Data da concesión: 28-6-1974.

Data de finalización da última prórroga: 23-8-2004.

Denominación da batea: Bruma nº 5.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 52.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data de finalización da última prórroga: 21-4-2004.

Denominación da batea: Sendón nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 96.

Data da concesión: 9-3-1981.

Data de finalización da última prórroga: 25-4-2001.

Anterior concesionario: Juan José Formoso Moledo (33.258.419) y María Manuela Sande Lado (33.260.875).

Novo titular da concesión e batea: Mejilloneras Juan Formoso S.L. (B-15.628.845)

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 5 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9363