Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Bacelo, a favor de María Claudina Piñeiro Rodríguez e Luis López Rodríguez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 228, de 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Bacelo.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 7.

Data da concesión: 13-8-1975.

Data de finalización da última prórroga: 13-8-2005.

Anterior concesionario: Gloria Torrado Múñiz (76.450.004), (1/2 pola súa metade de gananciais e 1/2 por herdanza do seu finado esposo, Luís García Alcalde (33.075.662).

Novos titulares da concesión e batea: María Claudina Piñeiro Rodríguez (33.182.051) e Luís López Rodríguez (35.916.091).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 2 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9362