Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Carmen IV, a favor de Milagros Ces Sobradelo e Marcelino Outeiral Yáñez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Carmen IV.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal B, cuadrícula 16.

Data da concesión: 29-2-1964.

Data de finalización da última prórroga: 30-3-2004.

Anterior concesionario: David Outeiral Yáñez (33.244.807).

Novos titulares da concesión e batea: Milagros Ces Sobradelo (33.258.359) e Marcelino Outeiral Yáñez (33.244.807).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 2 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9444