Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (D0G nº 228 do 21 de novembro), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: A.R.T. nº 1.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal H, cuadrícula 141.
Data da concesión: 3-10-1975.
Data de finalización da última prórroga: 3-10-2005.
Anterior concesionario: Ángel Rodríguez Torrado (32.341.692) y Mª Josefe Silva Rodríguez (76.452.867).
Novo titular da concesión e batea: Ángel José Rodríguez Silva (76.965.593).
Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 2 de outubro de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990)
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña
9443