Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Sinde número 3, a favor de José Gondar Muñiz y Luisa Oubiña Dios.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da

transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (D0G nº 228 do 21 de novembro), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Sinde nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 118.

Data da concesión: 14-10-1964.

Data de finalización da última prórroga: 30-10-2004.

Anterior concesionario: Vicenta Martínez Hermo (76.466.806).

Novo titular da concesión e batea: José Gondar Muñiz (35.333.507) y Luisa Oubiña Dios (35.333.270).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 2 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9361