Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Lufer número 1, a favor de Esther Sánchez Romero e Francisco Javier Creo Sánchez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Lufer nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 65.

Data da concesión: 14-10-1964.

Data de finalización da última prórroga: 30-10-2004.

Anteriores concesionarios: Marcelino Creo Piñeiro (35.265.933) e Esther Sánchez Romero (76.451.305).

Novos titulares da concesión e batea: Esther Sánchez Romero (76.451.305) e Francisco Javier Creo Sánchez (52.455.099).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 5 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

9804