1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: realización dunha campaña publicitaria de mentalización sobre a necesidade de consumir productos etiquetados, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: medios de comunicación.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 de ptas.).
5. Garantías.
Provisional: exenta.
Definitiva: un millón de pesetas (1.000.000 de ptas.).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación (Subdirección Xeral de Comercialización Agroalimentaria, Servicio de Promoción Agroalimentaria) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 56.
e) Telefax: 981 54 57 35.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://xunta.es.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 16 de novembro de 1998.
b) Documentación que se debe presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificio administrativo San Caetano, 15771), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: 20 de novembro de 1998.
e) Hora: 13.30 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1998.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria
9834