Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, das obras de ampliación do Centro de Capacitación Agraria de Guísamo (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación do Centro de Capacitación Agraria de Guísamo (A Coruña).

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de entrega: Centro de Capacitación Agraria de Guísamo (A Coruña).

d) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vinte millóns seiscentas sesenta e catro mil setecentas corenta e catro pesetas (20.664.744 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: exenta.

Definitiva: oitocentas vinteseis mil cincocentas noventa pesetas (826.590 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 16.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: categoría C, grupo C.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 30 de novembro de 1998.

b) Documentación que se debe presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificio administrativo San Caetano, 15771), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 2 de decembro de 1998.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

9832