Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Nebra (Porto do Son, A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Nebra (Porto do Son, A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 305/1991, do 13 de setembro (DOG nº 182, do 23 de setembro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 30 de setembro de 1998, aprobou as bases definitivas, que estarán expostas ó público no Concello de Porto do Son e na zona, durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985 (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro (predios da

periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravamens e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a titularidade.

Contra esta bases os interesados poden interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Desenvolvemento Rural (edificio administrativo, Praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da Consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

A Coruña, 1 de outubro de 1998.

Rodolfo M. Rodríguez González

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

da Coruña

9833