Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento das actas previas á ocupación de predios afectados polos proxectos de gasificación do noroeste: addenda III e gasificación do noroeste: ramal e redes da provincia da Coruña, addenda IV.

Por resolucións da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, do 29 de abril de 1998 e do 6 de outubro de 1998, foron aprobados os proxectos de execución e autorizadas as instalacións dos proxectos de gasificación do noroeste: addenda III e gasificación do noroeste: ramal e redes da provincia da Coruña, addenda IV. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nas casas dos concellos onde están localizados os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procede, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persona debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Os levantamentos terán lugar o vindeiro día 23 de novembro en Santiago de Compostela, Arteixo e Culleredo.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual.

No expediente expropiatorio Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 22 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio

9419