Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (447/1995).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela o seis de outubro de mil novecentos noventa e oito.

O anterior escrito presentado polo procurador Ricardo García Píccoli únase ós autos da súa razón, e continúese a tramitación deste expediente e, en consecuencia, cítense o promovente e os interesados a unha comparecencia para proceder ó nomeamento de contador partidor dativo. Sinálase para tal efecto o próximo día nove de decembro, ás 10 horas, e expídense as correspondentes cédulas de citación, exhortos e edicto para a citación de tódalas persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese. Publicarase no DOG e fixarase no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Acórdao e asínao SSª.; dou fe.

E para que lles sirva de notificación en forma ós demandados descoñecidos e incertos, expídese este edicto en Santiago de Compostela o seis de outubro de mil novecentos noventa e oito.

O/a secretario/a

Rubricado

9513