Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1998 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de febreiro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Contratación dunha asistencia técnica para a modificación de sistemas informáticos de xestión para a tramitación electrónica de expedientes, convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 1 de xullo de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 3 de xullo deste ano.

Adxudicatario: Altia Consultores, S.L.

Importe: 7.500.000 pesetas, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica para o deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas no sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 4 de xuño de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 17 de xuño deste ano.

Adxudicatario: Enxeñeiros e Arquitectos Consultores IDOM, S.A.

Importe: 9.048.000 pesetas, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica para o deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas no sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 4 de xuño de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 17 de xuño deste ano.

Adjudicatario: Altia Consultores, S.L.

Importe: 7.658.000 pesetas, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica para o deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas no sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 4 de xuño de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 17 de xuño deste ano.

Adjudicatario: Sema Group SAE.

Importe: 7.976.000 pesetas, IVE incluído.

Contratación da subministración de software para a tramitación electrónica de expedientes securizada a través de Internet, convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 1 de xullo de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 3 de xullo deste ano.

Adxudicatario: QED Systems, S.L.

Importe: 3.774.712 pesetas, IVE incluído.

Contratación da subministración e instalación de 75 ordenadores para a ampliación dos postos de traballo de tramitación do sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA), convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 3 de xullo de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 16 de xullo deste ano.

Adxudicatario: Unisys España, S.A.

Importe: 15.000.000 de pesetas, IVE incluido.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

9493