Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (114/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 114/1998, que se segue por furto, cítase a Edgar José Cruz Caetano Pires para que o vindeiro día trece de novembro, ás 10.45 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaer sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Edgar José Cruz Caetano Pires, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela o catorce de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

9475