Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.807

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de outubro de 1998 pola que se dispón a substitución dun vocal na comisión avaliadora de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario.

Na Orde do 22 de xullo de 1998 (DOG nº 174, do 8 de setembro) nomeáronse os membros da comisión avaliadora de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario.

Con data do 2 de outubro de 1998, a Universidade da Coruña comunicoulle á Dirección Xeral de Universidades a substitución do seu representante na comisión avaliadora de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario. Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a Alejandro Pazos Sierra, vicerrector de Organización Docente e Profesorado da Universidade da Coruña, como vocal da comisión avaliadora de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario en substitución de Manuel Casteleiro Maldonado.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

9822