Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.806

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 1998 pola que se conceden subvencións a escolas de música públicas.

A Orde do 20 de maio de 1998 (DOG do 6 de xullo) establece subvencións para escolas de música públicas de titularidade municipal e regula o procedemento para a súa concesión.

Valoradas as solicitudes e elevada proposta de concesión das ditas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música públicas que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes de subvención presentadas polas escolas que se relacionan no anexo II polas causas que se indican.

Terceiro.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto décimo primeiro da Orde do 20 de maio de 1998 pola que se establecen as axudas e o procedemento para a súa concesión, e fixar un novo prazo para a xustificación total da axuda ata o día 16 de novembro de 1998.

Cuarto.-Contra esta orde poderán os interesados interpor recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Denominación da escolaContía da subvención

concedida/pesetas

Allariz600.000
Arzúa800.000
Bande400.000
Barbadás800.000
Burela800.000
Caldas de Reis800.000
Cambados800.000
Cangas600.000
Cañiza, A300.000

Denominación da escolaContía da subvención

concedida/pesetas

Carballiño, O800.000
Carnota600.000
Catoira800.000
Cee600.000
Chantada400.000
Coruña, A6.000.000
Estrada, A600.000
Foz300.000
Guitiriz300.000
Maceda300.000
Monforte de Lemos400.000
Neves, As800.000
Ourense1.600.000
Padrón300.000
Paradela300.000
Pobra de Trives, A300.000
Porriño, O400.000
Porto do Son300.000
Quiroga400.000
Redondela600.000
Ribadavia600.000
Ribadeo800.000
Silleda600.000
Sober800.000
Valga600.000
Vila de Cruces800.000
Vilagarcía de Arousa800.000
Vigo7.000.000

ANEXO II

Denominación da escolaDenegación da

subvención/causa

Baña, ANon estar inscrita no Rexistro de Escolas de Música (punto segundo da orde de convocatoria)
BeadeEscola de titularidade privada.

Denominación da escolaDenegación da

subvención/causa

BoiroNon estar inscrita no Rexistro de Escolas de Música (punto segundo da orde de convocatoria)
ChapelaNon estar inscrita no Rexistro de Escolas de Música (punto segundo da orde de convocatoria)
SadaNon estar inscrita no Rexistro de Escolas de Música (punto segundo da orde de convocatoria)
Salceda de CaselasEscola de titularidade privada
SamosEscola de titularidade privada
SarriaNon estar inscrita no Rexistro de Escolas de Música (punto segundo da orde de convocatoria)

9823