Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO (encargado/a de Servicios de Contabilidade).

Aprobadas polo Pleno da Corporación na sesión de trinta de xullo de mil novecentos noventa e oito as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, mediante o sistema de concurso-oposición libre, da praza de encargado/a de Servicios de Contabilidade, e unha vez inserido o anuncio de oferta de emprego público no BOE do 1 de outubro de 1998, procédese á súa publicación, tal e como seguidamente se transcribe:

Primeira.-Obxecto.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedad, mediante o sistema de concurso-oposición libre, dunha praza de funcionario de carreira, denominada: encargado/a de Servicios de Contabilidade, incluída na oferta de emprego público deste concello de 1998. A praza está encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase de cometidos especiais, grupo C, de conformidade co establecido na Lei 30/1984, do 2 de agosto.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos ás probas selectivas, os aspirantes deben reuni-los seguintes requisitos, referidos

á data en que remate o prazo de presentación de instancias:

a) Ser español ou membro dun país da Unión Europea, de conformidade coa lexislación vixente.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder daquela da que falten menos de dez anos para a xubilación forzosa por idade determinada pola lexislación básica en materia de función pública.

c) Estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou sexa incompatible co desempeño das funcións ou tarefas da praza.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) En todo caso, o aspirante que ingrese en virtude desta convocatoria quedará obrigado a presta-los servicios na xornada de traballo única ou partida que acorde o concello, así como os servicios ou cometidos similares ó da praza, sempre de acordo coas normas xerais que se adopten, sen discriminación, para o cometido da praza.

Terceira.-Solicitudes.

As instancias polas que se solicita tomar parte nas probas selectivas dirixiranse ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de convocatoria no BOE, en modelo oficial que se facilitará nas oficinas do concello. Previamente, publicaranse as bases íntegras o BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Nas instancias farase constar expresamente que o solicitante reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na base segunda da convocatoria.

Así mesmo, xunto coa instancia, presentarán relación circunstanciada dos méritos que aleguen para a fase de concurso, uníndolle á referida relación os documentos acreditativos dos méritos alegados, en orixinais ou fotocopias válidas, pois non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados en tódolos seus extremos, no momento de presentación da instancia, agás nos servicios prestados neste concello, que serán certificados polo secretario, sempre que sexan alegados e cuantificados polos aspirantes nas solicitudes.

As solicitudes poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os dereitos de exame fíxanse na cifra de 2.000 pesetas debendo, así mesmo, xuntar coa instancia, xustificante de os teren ingresado.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Finalizado o prazo de admisión de instancias, o alcalde aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, concedendo un prazo de dez días hábiles para efectos de reclama

cións e corrección de deficiencias, conforme o artigo 71 da Lei 30/1992. Se as houbese, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que será así mesmo publicada na forma indicada.

Na mesma resolución, o alcalde determinará o lugar, hora e data de comezo dos exercicios e a composición do tribunal cualificador.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgue as probas estará composto do seguinte modo:

Presidente: o alcalde da corporación ou membro da mesma en quen delegue.

Vocais:

-Un representante da Xunta de Galicia.

-Un representante da CSIF, á que pertencen os delegados de persoal do concello.

-Un funcionario de carreira designado pola Alcaldía.

-O secretario do concello, que, ó mesmo tempo, actuará como secretario do tribunal.

A designacióin dos membros do tribunal incluirá a dos seus respectivos suplentes, e farase pública no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, para efectos de recusación.

Os vocais deberán posuír titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, titulares ou suplentes. En todo caso, requírese a asistencia do presidente e do secretario ou das persoas nas que deleguen.

O tribunal, por maioría dos seus membros, poderá dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas que coide pertinentes. Os ditos asesores colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas.

Os membros do tribunal deberán absterse cando concorran as circunstancias do artigo 28 da Lei 30/1992, sen prexuízo do dereito de recusación que poidan exerce-los aspirantes.

Sexta.-Comezo e desenvolvemento das probas.

As probas selectivas non poderán dar comezo ata que transcorran dous meses desde a data de publicación do extracto da convocatoria no BOE. O día, hora e lugar do inicio de celebración dos exercicios anunciarase no BOP. A publicación dos sucesivos anuncios faraa o tribunal no taboleiro de anuncios do concello.

Desde a total conclusión dun exercicio ata o comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 72 horas, a non ser que tódolos que teñan que realiza-la respectiva proba acepten a reducción deste prazo.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único.

Sétima.-Sistema de selección.

A selección farase mediante concurso-oposición. A fase de concurso será previa á da oposición.

A) Fase de concurso.

Na fase de concurso valoraranse os méritos alegados polos aspirantes, ata un máximo de 10 puntos, segundo o seguinte baremo:

1. Antigüidade: por cada ano de servicio remunerado prestado en posto de traballo igual ou similar ó que se aspira, en entidades locais de máis de 5.000 habitantes (ou menores de 5.000 habitantes que se rexan pola instrucción de contabilidade dictada para os de máis de 5.000), 1 punto, cun máximo de 5 puntos.

2. Coñecemento da lingua galega: curso de iniciación, 0,50 puntos; curso de perfeccionamento, 0,75 puntos; curso básico de galego, 1 punto. Soamente puntuará o curso de maior titulación.

3. Participación en cursos relacionados coa contabilidade pública (expedidos ou homologados pola Escola Galega de Administración Pública):

-Por cada curso de máis de 60 horas: 3,50 puntos.

-Por cada curso de 40 horas ou máis, ata 60 horas de duración: 2 puntos.

-Por cada curso entre 20 horas ou máis e menos de 40 horas: 1 punto.

A puntuación máxima deste apartado será de 4 puntos.

Esta fase non terá carácter eliminatorio nin se poderá ter en conta para supera-las probas da fase de oposición.

B) Fase de oposición.

Consistirá na realización dos seguintes exercicios:

1. Teórico-escrito. Desenvolvemento de tres temas do programa anexo, un da parte de materias comúns e dous da parte de materias específicas, elixidos por sorteo, nun tempo máxima de dúas horas e trinta minutos. Valorarase a profundidade dos coñecementos, a claridade e rigor na exposición, a cita da lexislación aplicable e a adecuación de conclusións, se é o caso. Nesta proba, o aspirante non poderá facer uso de ningún texto legal nin de apoio.

2. Práctico-escrito. Realización no prazo máximo dunha hora e trinta minutos, dun ou varios supostos prácticos, propostos polo tribunal, en relación co programa anexo. Criterios que se terán en conta: manexo de máquinas de informática, coñecementos prácticos de contabilidade en sistemas informatizados, con suxeición ás normas de contabilidade en entidades locais de máis de 5.000 habitantes, limpeza, exactitude e presentación do traballo e adecuación de resultados.

3. Práctico-escrito. Traducción para o galego dun texto castelán. Criterios que se seguirán: exactitude na traducción e adecuación á normativa lingüística da Xunta de Galicia. Tempo: trinta minutos.

Oitava.-Cualificación.

Os exercicios 1 e 2 da fase de oposición serán obrigatorios e eliminatorios. Cualificaranse ata un máximo de 10 puntos cada un deles, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para superalos. O número de puntos que poderá outorgar cada membro do tribunal será de 0 a 10 puntos e a cualificación de cada aspirante será o resultado de dividir polo

número de compoñentes do tribunal a suma dos puntos obtidos.

O exercicio número 3 será obrigatorio, pero non eliminatorio, cualificándose ata un máximo de 6 puntos, podendo outorgar cada membro do tribunal de 0 a 6 puntos, obténdose a media aritmética.

A cualificación definitiva do concurso-oposición será o resultado de suma-las puntuacións outorgadas polo tribunal en cada un dos exercicios que compón a fase de oposición, maila puntuación resultante na fase de concurso.

Novena.-Relación de aprobados, presentación documentación e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevará proposta, con carácter vinculante, xunto coa acta da última sesión, ó alcalde para que formule o nomeamento pertinente.

O aspirante proposto presentará na secretaría do concello, no prazo de vinte días hábiles contados a partir da publicación da lista de aprobados, a documentación acreditativa de reuni-los requisitos sinalados na base segunda.

Décima.-Toma de posesión.

Unha vez aprobada a proposta de nomeamento, o opositor nomeado tomará posesión do seu cargo no prazo de trinta días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que lle fose notificado o nomeamento. En caso contrario, sen que medie causa xustificada, quedará na situación de cesante.

Décimo primeira.-Incidencias.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma en que establece a Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que puidesen presentarse e adoptar resolucións, criterios ou medidas necesarias para a boa orde do concurso-oposición, naqueles aspectos non previstos nas presentes bases.

Para o non previsto na convocatoria, será de aplicación o disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, R.D.L. 781/1981, do 18 de abril, Lei 30/1984, do 2 de agosto, Regulamento xeral de ingreso na Administración pública, R.D. 896/1991, do 7 de xuño, e demais disposicións concordantes de aplicación.

Programa concurso-oposición libre de encargado/a de Servicios de Contabilidade

Exercicio teórico

I. Materias comúns

Tema 1. A Constitución española 1978. Significado e estructura. Principios xerais. Reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional.

Tema 2. Organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas. A Administración local.

Tema 3. A Constitución das comunidades aútonomas. Competencias. O Estatuto de autonomía: procedemento de elaboración, contido e valor normativo. O sistema institucional das comunidades autónomas.

Tema 4. O procedemento administrativo: o seu significado. Fases do procedemento administrativo xeral.

Tema 5. A Administración local. Concepto. Entidades que comprende. O réxime local español. Regulación xurídica.

Tema 6. O municipio: concepto. Organización municipal. Competencias. O alcalde: elección, deberes e atribucións. O Pleno do concello. A Comisión de Goberno.

Tema 7. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria da orde do día. Actas e certificados de acordos.

Tema 8. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

II. Materias específicas

Tema 9. Recursos das facendas locais. Enumeración. Descrición.

Tema 10. Ordenanzas fiscais. Contido. Preparación e tramitación.

Tema 11. Taxas. Feito impoñible. Contido. Suxeito pasivo. Cota.

Tema 12. Prezos públicos. Suxeitos pasivos. Contía. Cobramento.

Tema 13. Operacións Tesourería. Modalidades. Tramitación.

Tema 14. Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Ideas xerais.

Tema 15. Orzamentos locais: contido. Bases de execución.

Tema 16. Orzamentos locais: documentación. Formación e aprobación.

Tema 17. Clasificación económica de ingresos e gastos en concellos de máis de 5.000 habitantes.

Tema 18. Clasificación funcional de gastos en concellos de máis de 5.000 habitantes.

Tema 19. Orzamento prorrogado. Regularizacións posteriores á aprobación do orzamento definitivo.

Tema 20. Expedientes de modificación de créditos. Clases. Tramitación.

Tema 21. Créditos ampliables. Contido. Financiamento. Tramitación.

Tema 22. Expediente de xeración de créditos e transferencias. Concepto. Contido e tramitación.

Tema 23. Incorporación de remanentes de crédito. Tramitación.

Tema 24. Fases xestión do gasto. Definicións. Competencias.

Tema 25. Liquidación orzamento. Operacións de peche. Estado de liquidación. Tramitación.

Tema 26. Orzamentos pechados. A súa xestión.

Tema 27. Actas de arqueo. Composición.

Tema 28. Contabilización ingresos. Subsistema de cobramentos. A súa preparación no réxime de instrucción de contabilidade para concellos de máis de 5.000 habitantes.

Tema 29. Contabilización gastos. Subsistema de gastos. Fases contabilización no Réxime de Instrucción de Contabilidade para Concellos de máis de 5.000 habitantes.

Tema 30. Libros de contabilidade principal. Descrición.

Tema 31. Documentos contables. Requisitos formais. Clases.

Tema 32. A Tesourería das entidades locais. Funcións.

Tema 33. A Intervención das entidades locais. Funcións.

Tema 34. Confección nóminas e relación facturas.

Tema 35. Contabilización imposto valor engadido (IVE).

Tema 36. Contas de orde: avais, garantías, depósitos. Contabilización.

Tema 37. Reintegro de pagamentos e devolucións de ingresos. Contabilización.

Tema 38. Conta xeral. Documentos. Rendición contas. Tramitación.

Tema 39. Anexos ós estados anuais da conta xeral. Enumeración. Descrición.

Tema 40. Balance de situación. Contido. Explicación.

Celanova, 5 de outubro de 1998.

O alcalde

Rubricado

9772