Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO relativo ó trámite de información pública da modificación puntual das N.S.P. en San Cibrao.

O Pleno do Concello de Cervo, na sesión que tivo lugar o día 17 de outubro de 1998, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, en San Cibrao.

Esta modificación puntual, segundo consta no documento técnico achegado polos promotores, afecta o solo da zona sur do núcleo de San Cibrao, parte posterior da agrupación escolar de Galdín e contorno da zona residencial da Florida: constitución do sector único Riocovo Norte.

Este anuncio serve, en cumprimento do establecido no artigo 42.1º en concordancia co artigo 50, ámbolos dous da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e demais disposicións concordantes, para

abri-lo trámite de información pública durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG. Así mesmo, o anuncio de exposición ó público publicarase nun xornal de ampla circulación na provincia.

Cervo, 22 de outubro de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

9239