Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Deiro XI.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro,

polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Deiro XI.

Cultivo: mexillon (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 4, Cambados A.

Data da concesión: 29-2-1964.

Data do remate da última prórroga: 30-3-2004.

Anterior concesionario: Barbosa Caneda, Mario (35.333.282) e Pouso Santiago, Carmen (35.333.264).

Novo titular concesión : Barbosa Pouso, Juan-Vicente (35.460.389).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como no cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 24 setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134/10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra

9308