Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Josefa III.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Josefa III.

Cultivo: mexillon (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 138, Cambados F.

Data da concesión: 10-2-1971.

Data do remate da última prórroga: 6-3-2001.

Anterior concesionario: Dios Otero, José (35.396.661) e Santiago Diz, Mª Carmen (35.399.579).

Novo titular concesión: Dios Santiago, José-Francisco (35.455.406).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como no cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 24 setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134/10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra

9309