Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de setembro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Celeste IV.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Celeste IV.

Cultivo: ostra plana (Ostrea edulis).

Localización: cuadrícula nº 52 O Grove F.

Data da concesión: 25-9-1980.

Data do remate da última prórroga: 25-10-2000.

Anterior concesionario: Muñiz Agis, Ricardo (35.194.769).

Novos titulares concesión: Vázquez Portas, Vicente-Manuel (35.457.730) e Pintos Señoráns, Sandra (35.459.611).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como no cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 24 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134/10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra

9307