Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 15 de setembro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre recursos sobre rendas de integración social de Galicia relacionadas no anexo (Aurora Álvarez Gómez e outra máis).

No uso das competencias sobre renda de integración social de Galicia, reguladas pola Lei 9/1991, galega de medidas básicas de inserción social, e o Decreto lexislativo 374/1991, do 24 de outubro e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó teren sido devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día, notifícaselles ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu recurso

sobre renda de integración social pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia, procédese á súa publicación no DOG (ver anexo).

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Vigo, 15 de setembro de 1998.

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Vigo

Pensionista

DNI

Resolución

Causa

Fundamento de dereito

Cantidade que hai que reintegrar

Mª Aurora Álvarez Gómez35.979.879Aceptación da renuncia ó recursoA renuncia non está prohibida no ordenamento xurídico e non afecta a terceirosLei 30/1992 Arts. 90 e 91
Mª de los Ángeles Sanmartín Moreno35.308.536Extinción da prestación de RisgaNo acudir ás citas para o seguimento do seu proxecto de inserciónLei galega 9/1991

Arts. 32 c) e 23.2

9306