Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de outubro de 1998 polo que se aproba o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Gasificación do Noroeste: rede de Ferrol.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de outubro de 1998, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal Gasificación do Noroeste: rede de Ferrol.

Segundo.-En consecuencia, o planeamento dos entes locais en que se asenten as instalacións previstas no proxecto, queda vinculado ás determinacións contidas no citado proxecto sectorial.

Terceiro.-Para os efectos previstos na disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, quedan expresamente cualificadas como demarcado carácter territorial as obras necesarias para a execución do proxecto.

O que se publica no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9759