Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba o proxecto de execución e se lle autoriza a Enagás, S.A. a instalación de gasificación do Noroeste: rede da Coruña, addenda IV, no termos municipais de Arteixo, Cambre, A Coruña, Culleredo e Santiago de Compostela.

Vistos os escritos e documentación presentados pola empresa Enagás, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, e tendo en conta os seguintes feitos.

Feitos

Primeiro.-Con data do 12 de marzo de 1993 e 15 de abril de 1996 a Consellería de Industria e Comercio otorgou a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Arteixo, Cambre, A Coruña, Culleredo e Santiago de Compostela.

Segundo.-Por resolucións do 6 de maio e 5 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, aprobouse o proxecto de execución e autorizouse a Enagás, S.A. a instalación do ramal e rede da Coruña. Pola súa vez, por resolucións do 1 de septembro de 1997 e 16 de xaneiro de 1998 da Dirección Xeral de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, aprobouse o proxecto de execución e autorizouse a Enagás, S.A. a instalación da rede de distribución de gas natural para usos industriais en Santiago de Compostela.

Terceiro.-Con data do 16 de abril e 25 de maio de 1998, a referida empresa solicitou, ó amparo do establecido na Ley 10/1987, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles para os efectos previstos no artigo 20 deste en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, a aprobación do proxecto de execución denominado Gasificación de Galicia, ramal e rede da Coruña, addenda IV, e a autorización das instalacións descritas nel, xuntando á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

As modificacións no trazado afectan os termos municipais de Arteixo, Cambre, A Coruña, Culleredo e Santiago de Compostela e, en resumo serán as seguintes:

-Modificacións de diámetro habidas na rede da Coruña.

-Inclusión da conexión eléctrica á posición I-015.1.

-Inclusión das drenaxes forzadas sobre dispersores da estación de protección catódica (EPC) nº1 situada na posición I-015.1 no termo municipal de Santiago de Compostela, que protexe a rede de Santiago.

-Modificación na posición I-015.1 motivada polo cambio de diámetro do ramal R-2.

A calidade do aceiro empregado nas conduccións será do tipo API-5L-X60, para o ramal da Coruña e API-5L-Gr.B para as conduccións das redes, con diámetros de 14" para o ramal e de 14" a 2" para as redes de distribución en función das condicións da explotación, dotados de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica, sendo a presión máxima do gas natural de 80 bar para o ramal de transporte e 16 bar para as redes de distribución.

As conduccións foron deseñadas para transportar un caudal de 38.000 Nm/h.

O orzamento suplementario ascende á cantidade de 9.824.864 ptas.

Cuarto.-Por resolución da Dirección Xeral de Industria do 25 de maio de1998 someteuse a información pública o referido proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, e foi publicada no Diario Oficial de Galicia, do 26 de xuño de 1998, no BOP da Coruña do 28 de xuño de 1998 e no xornal El Correo Gallego do 24 de xuño de 1998 e exposto, igualmente, nos taboleiros de anuncios dos concellos da Coruña, Culleredo e Santiago de Compostela.

Quinto.-Durante o período legalmente establecido recibiuse a seguinte alegación contra o proxecto:

1) Manuel García Uzal, propietario do predio C-CU-10VLE solicita que o poste da liña eléctrica identificado no plano parcelario co número 1 se desplace a estrema sur do predio de xeito que non obstaculice a súa entrada.

A alegación foi remitida á empresa beneficiaria.

Sexto.-Así mesmo, solicitouse informe dos organismos e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servicios que resultan afectados pola mencionada conducción de gas natural, e recibíronse contestacións que indican as condicións en que deben verificarse as afeccións correspondentes.

Sétimo.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente conforme o Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación

coa citada Lei 10/1987, do 15 de xuño, cos decretos 2913/1973, do 9 de decembro e 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento.

Segundo.-O proxecto cumpre as esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Á vista da alegación presentada, da contestación da empresa Enagás,S.A. e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1) Enagás non ten inconveniente en modifica-lo poste da liña eléctrica na forma sinalada polo alegante sempre que os estremeiros manifesten expresamente a súa conformidade coa modificación da sevidume de voo, que significaría a modificación da situación do poste da liña eléctrica.

Cuarto.-Enagás procederá igualmente a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cas condicións e informes realizados ou, se for o caso, pendentes de realizar.

Por todo o anterior, debe accederse ó solicitado pola empresa Enagás, S.A. e, por conseguinte, proceder a aproba-lo proxecto de execución de referencia nos tramos reflectidos no parágrafo segundo dos antecedentes, correspondentes ós termos municipais da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Santiago de Compostela.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral

RESOLVE:

-Outorgar a Enagás, S.A. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que se recollen no proxecto Gasificación do Noroeste: rede da Coruña, addenda IV, nos tramos relacionados previamente, correspondentes ós termos municipais de Arteixo, Cambre, A Coruña, Culleredo y Santiago de Compostela, conforme as seguintes condicións:

Primeira.-As instalacións deberán realizarse conforme as especificacións e planos do proxecto que se aproba.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten os datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento de redes e conexións

de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, así como as instruccións técnicas complementarias ITG-MIG 5.2. Canalizacións de transporte e distribución de gas en alta presión A e ITC-MIG 6.1. Conexións de gas en alta presión aprobadas pola Orde do 26 de outubro de 1983 e modificadas pola do 6 de xullo de 1984, normas UNE e demais normativas e directrices vixentes.

Cuarta.-Os materiais e instalacións eléctricas deberán cumpri-lo disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, así como a norma UNE 20.322-86: clasificación de situacións con risco de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables. A situación de canalizacións deberá realizarse segundo o establecido na norma UNE 60-302. As zonas de seguridade e coeficientes de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305, e deben así mesmo establecerse dispositivos que limiten a presión nas canalizacións ós valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de tres meses contados da data en que exista posibilidade legal de ocupación física dos predios afectados, podendo solicitar prórroga, en caso necesario logo da a oportuna xustificación.

Sexta.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña deberá realizar durante as obras, e unha vez rematadas estas, as comprobacións e probas que considere necesarias en relación co cumprimento das condicións xerais e específicas establecidas.

Sétima.-O peticionario manterá informada a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña de calquera incidencia que se poida producir durante a execución das obras e tamén das datas e fases previstas para a realización de probas e controis regulamentarios, todo con antelación suficiente, acreditando posteriormente ante a citada delegación provincial que os ensaios previstos foron realizados por entidades ou persoas legalmente facultadas e con resultado satisfactorio.

Ó remata-las obras remitirase á dita delegación provincial o certificado final de dirección de obra, asinado por técnico competente, que acredite que as instalacións cumpren as condicións técnicas e prescricións regulamentarias que lle son de aplicación e que se axustan ó proxecto aprobado e/ou, se for o caso, ás modificacións autorizadas, xuntando as actas e certificacións das probas e controis regulamentarios. A delegación provincial, logo de informe do técnico designado pola dita delegación expedirá, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Oitava.-Os cruzamentos especiais ou outras afeccións de bens de dominio público realizaranse de conformidade coas condicións técnicas impostas polos organismos afectados.

Novena.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio co obxecto de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Décima.-Para a seguridade das instalacións a que se refire a presente autorización establécense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

Un.-Expropiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se han construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous.-Para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de 4 metros de largo para o ramal de transporte e de 2 m de largo, ó longo do gasoducto, por onde discorrerá soterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a 50 cm, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a 2m desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar acto algún que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a 10 m do eixe do trazado para o ramal de transporte e 5 m do eixe do trazado, para as redes de distribución a un e outro lado deste. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipamentos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se for o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los marcos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres.-Para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de 1 m de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros.

2. Prohibición de plantar árbores ou arbustos así como o dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a unha distancia inferior a 1,5 m a cada lado do eixe das instalacións.

3. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de 3 m de largo, 1,5 m a cada lado do eixe das instalacións.

4. Libre acceso do persoal e equipamentos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións co pagamento, se for o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións ou operacións precisas para os ditos fins.

Cuatro.-Para as liñas eléctricas:

A) Servidume de paso de liña eléctrica aérea nunha franxa de terreo de dous metros de largo ó longo dela que implicará:

1. Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar ningún traballo que poida dana-lo bo funcionamento da liña nunha franxa de cinco metros de largo, contando como centro da franxa a liña de postes do tendido.

2. Prohibición de plantar árbores de gran porte nunha franxa de dous metros de largo.

3. Libre acceso do persoal e equipamentos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se for o caso dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios para realiza-las obras necesarias.

Décimo primeira.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións en que se atopen as canalizacións, debendo manter unha central de avisos atendida permanentemente e dispor dun plan de emerxencia escrito que describa a organización e actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de emerxencia. Así mesmo deberá facilitar ós servicios de bombeiros, concellos afectados e organismos con competencias en materia de protección civil, copias dos planos de situación das canalizacións e características destas. Esta documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operadora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Décimo segunda.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros organismos ou entidades públicas necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Décimo terceira.-A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas sinaladas polo arti

go 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se for o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde o día seguinte ou publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 6 de outubro 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9745