Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1998, da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso de execución, con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave: OH.336.397 e seis máis).

A) Obra.

1. Desvío de augas pluviais na Praza de América. Vigo.

Clave: OH.336.397.

Orzamento: cento noventa e nove millóns trinta e seis mil novecentas cincuenta e cinco pesetas (199.036.955 ptas.).

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Fianza provisional: 3.980.739 ptas.

2. Actuacións puntuais para mellora-la rede de saneamento do núcleo urbano de Vigo. Zona Travesía de Vigo.

Clave: OH.336.398.

Orzamento: cento noventa e dous millóns cento oitenta e nove mil duascentas cincuenta e sete pesetas (192.189.257 ptas.).

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Fianza provisional: 3.843.785 ptas.

3. Actuacións puntuais para mellora-la rede de saneamento do núcleo urbano de Vigo. Zona Lagares.

Clave: OH.336.400.

Orzamento: trescentos cincuenta e nove millóns setecentas oitenta e sete mil catrocentas trinta pesetas (359.787.430 ptas.).

Prazo de execución: nove (9) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f.

Fianza provisional: 7.195.749 ptas.

4. Actuacións puntuais para mellora-la rede de saneamento do núcleo urbano de Vigo. Zona litoral norte.

Clave: OH.336.401.

Orzamento: cincocentos cincuenta e catro millóns novecentas oitenta e dúas mil seiscentas sesenta e tres pesetas. (554.982.663 ptas.).

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f.

Fianza provisional: 11.099.653 ptas.

5. Actuacións puntuais para mellora-la rede de saneamento do núcleo urbano de Vigo. Zona litoral centro.

Clave: OH.336.402.

Orzamento: douscentos cincuenta e tres millóns novecentas oitenta e nove mil cincocentas dúas pesetas (253.989.502 ptas.).

Prazo de execución: oito (8) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Fianza provisional: 5.079.790 ptas.

6. Actuacións puntuais para mellora-la rede de saneamento do casco urbán de Vigo. Zona litoral sur.

Clave: OH.336.403.

Orzamento: trescentos dezaoito millóns once mil cento noventa e sete pesetas (318.011.197 ptas.).

Prazo de execución: nove (9) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f.

Fianza provisional: 6.360.224 ptas.

7. Saneamento do polígono de Coia. Zona Balaídos-A Florida. Vigo.

Clave: OH.336.404.

Orzamento: setecentos cincuenta e tres millóns oitocentas noventa e dúas mil novecentas sesenta e seis pesetas (753.892.966 ptas.).

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: gurpo E, subgrupo 1, categoría f.

Fianza provisional: 15.077.859 ptas.

(Declaradas urxente conforme o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, Avenida Rodríguez de Viguri Nº 47, baixo B, de Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos ás dez

horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los concursantes.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1998.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos

9742