Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1998, da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e a execución, por procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra que se cita. (Clave: OH.236.393).

A) Obra.

1. Recuperación da auga de lavado dos filtros da ETAP do Casal. Vigo.

Clave: OH.236.393.

Orzamento: cento cincuenta millóns de pesetas (150.000.000 de ptas).

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría e.

Fianza provisional: 3.000.000 de ptas.

(Declarada urxente conforme o establecido establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas ).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de bases estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, Avenida Rodríguez de Viguri nº 47, baixo B, de Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións terán que de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará as doce horas do trixésimo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los concursantes.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1998.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos

9317