Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.765

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (141/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instucción número dous, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 141/1998-10 por instancia de José Rafael Areoso Bardanca contra Juan José Patiño Iglesias e Germán Ignacio Sánchez Medina nas actuacións dos cales, en resolución desta data, se acordou citar a José Rafael Areoso Bardanca co fin de que o día catorce de xaneiro de 1999, ás once e vinte horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciante, apecibíndoo de que, no caso de non o verificar, recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito e de que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a José Rafael Areoso Bardanca, expido e asino en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1998.

o maxistrado-xuíz

Rubricado

9741