Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.764

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (10/1990).

Manuela González Martínez, secretaria accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón (A Coruña).

Fai saber que neste xulgado se tramitan autos de separación nº 10/1990, por instancia de María Luisa Leboráns Barreiro, representada polo procurador Óscar García Píccoli, contra Vicente Viqueira Vilas en paradoiro descoñecido.

Por resolución desta data, acordouse cita-las partes co fin de que comparezan neste xulgado o día 12 de novembro, ás 12 horas, con obxecto de forma-lo inventario a que se refire o artigo 1396 do Código Civil.

E para que lle sirva de citación a Vicente Viqueira Vilas e para a súa publicación no DOG, expido este edicto en Padrón o vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

9248