Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 30 de outubro de 1998 Páx. 11.764

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (373/1998).

En virtude do disposto no executivo letras de cambio número 373/1998, promovidos pola entidade Tektronix Española, S.A., contra a entidade Mapor, S.A., diríxolle este edicto co fin de lle notificar que este xulgado trabou embargo sobre as cantidades que por calquera concepto teña a empresa demandada pendentes de cobrar dese organismo, debendo reterse e ingresarse na conta de consignacións deste xulgado, aberta na entidade BBV, S.A., nº 1536, clave 17, e ata completa-la cantidade de 3.510.259 ptas., en concepto de principal, maila cantidade de 1.200.000 ptas., que sen prexuízo de ulterior liquidación se calculan para xuros, custas e gastos.

A Coruña, 28 de setembro de 1998.

O maxistrado-xuíz accidental

Rubricado

9753