Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo procedemento negociado con publicidade e tramitación de urxencia, do proxecto e obra de construcción de 24 vivendas, garaxes e rochos en Cee, provincia da Coruña. (Expediente C-98/030).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 7 de outubro de 1998, adoptada en virtude de delegación con

ferida mediante resolución do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 6 de abril de 1995, lle foi adxudicado o contrato á Unióin Temporal de Empresas (UTE) Construcciones Cardeñoso, S.L. & J.J. Gradín, S.L., por un importe de cento oitenta millóns oitocentas trinta e dúas mil seiscentas corenta e unha (180.832.641) pesetas, IVE incluído, para un prazo de execución de vinte (20) meses.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

9722