Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores de pesca fluvial de Galicia 97/197 e dous máis, da provincia da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que

se relacionan no anexo as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da notificación.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1998.

Tomás Fdez.-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

Procedemento

sancionador

Lei 7/1992

Denunciado

Último enderezo coñecido

Contido da resolución

Feitos imputadosTipificaciónSanción

97/197 A CoruñaFlowik Normert. Folicheiro, 78. 15800 Melide.Pescar durante as horas nas que está prohibido facelo.Artigo 35.19º da Lei 7/1992.Sobreseimento e arquivo das actuacións, ó considerar que a denuncia se basea en indicios que non son suficientes para ir en contra da presunción de inocencia do denunciado.
97/143 A CoruñaManuel Pazos Muíño. Randufe. 15111 Sta. Comba.Pescar mediando resolución firme que inhabilita o interesado para a obtención da licencia de pesca.Artigo 35.17º da Lei 7/1992.Cincocentas mil unha pesetas de multa (500.001 ptas.) e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un período de tres anos.
98/019 A CoruñaJuan González Reino. Hnos. Labarta. Edif. Park, 1-5º D. Noia (A Coruña).Pescar durante as horas nas que está prohibido facelo utilizando artefactos de uso prohibido, axudándose de luz artificial e en época de veda.Artigos 35.5º e 35.19º da Lei 7/1992.Cincocentas mil unha pesetas de multa (500.001 ptas.) e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un período dun ano e un día.

9301