Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 516/98 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, a quen non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria a xefa de negociado Inés Docando Casanova, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992, (BOE do 27-11-1992).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defesa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o esteblece o artigo 13.d) do regulamento do precedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

En caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9-8-93), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30-9-1996).

Lugo, 21 de setembro de 1998.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta máxima

José Alberto López Real76622315LU-E

516/1998

26 e) LO

1/1992

Vigo de Sarria 10-SarriaAta 50.000 ptas.
Nieves Gómez Salgado34253233LU-E

515/1998

23 e) LO

1/1992

Mourelos 20

O Saviñao

Ata 5.000.000 de ptas. e/ou clausura do establecemento ata 6 meses
Mª Carmen Álvarez Pérez76938963LU-E

507/1998

26 e) LO

1/1992

Avda. Calvo Sotelo, 30, RibadeoAta 50.000 ptas.
Koke Vilalba, S.L.B-27206416LU-E

502/1998

26 e) LO

1/1992

Cidade de Viveiro-VilalbaAta 50.000 ptas

Manuel García Martínez76554131LU-E

489/1998

23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Campo da Ponte 45-VilalbaAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia ata 6 meses

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta máxima

Ivan Crespo Ribada33308499LU-E

514/1998

23 e) LO

1/1992

Illa de Man, 164, 1º-LugoAta 5.000.000 de ptas. e/ou clausura do establecemento ata 6 meses

9238