Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Comisión de Técnicos Superiores de Prevención de Riesgos Laborales de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1997, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e estatutos da Comisión de Técnicos Superiores de Prevención de Riesgos Laborales de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: para ser membro da devandita asociación será preceptivo ser técnico superior de prevención de riscos laborais, ademais de vir avalado por dous socios con plenos dereitos.

Asinan a acta de constitución: Samuel R. Basanta Barral, presidente da xunta rectora, e nove persoas máis.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

9202