Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha do equipamento informático para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha de equipamento informático para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: 981 54 11 01, Fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 15/98

2. Obxecto do contrato: subministración, instalación e posta en marcha do equipamento informático para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

a) O concurso desagrégase nos seguintes lotes:

Lote 1: equipamento de microinformática.

Lote 2: equipos servidores.

Lote 3: paquetes de software estándar.

Lote 4: software antivirus.

Lote 5: software para desenvolvementos Igatel.

Lugar de entrega: a entrega efectuarase na sede do Igape en Santiago de Compostela.

Prazo de entrega e instalación: efectuarase logo de pedido por parte do Igape.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 21.394.000 ptas., IVE incluído, distribuído do seguinte xeito:

Lote 1: Equipamento de microinformática: 12.255.000 ptas.

Lote 2: equipos servidores: 5.300.000 ptas.

Lote 3: paquetes de software estándar: 2.927.000 ptas.

Lote 4: software antivirus: 706.000 ptas.

Lote 5: software para desenvolvementos Igatel: 206.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

Teléfono: 981 54 11 01.

Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 13 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

9259