Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 29 de outubro de 1998 Páx. 11.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 5 de outubro de 1998, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificacióin non se puido efectuar (expediente DX-00307-I-98).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores, que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1998.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

da Dirección Xeral de Transportes

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data. Hora-Estrada pk.-Precepto infrinxido-Precepto sancionador-Sanción proposta

DX-00307-I-98

LE-2239-O

LE9OR0033305733

Transportes Feliz, S.L.

Lago de Carrucedo, 16

24400. Ponferrada (Ponferrada), León.

Realizar transporte público de mercadorías (cuarzo) co vehículo matrícula LE-2239-O, que arrastra o semirremolque matrícula LE-00811-R, carecendo da preceptiva autorización administrativa. O vehículo porta distintivos de transporte público e ámbito nacional.

26-5-1998, 9.15; A-9; 16

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30). Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990.143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.500.000 ptas. precintado do vehículo.

9316