a) Subministración.
1. Adquisición dun (1) furgón combi de seis prazas gasóleo encadrado no grupo E para a Xefatura Provincial de Estradas de Lugo dependente da Dirección Xeral de Obras Públicas da CPTOPV da Xunta de Galicia.
Clave: E/SC/98.106.
Orzamento: dous millóns cincuenta e dúas mil catrocentas cincuenta pesetas (2.052.450 ptas.).
Prazo de entrega: 1 mes.
A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación coa subministración obxecto desta licitación.
A solvencia técnica xustificarase mediante catálogo e descrición da subministración que se vai efectuar.
(Declarada urxente consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás once horas do quinto día natural que non coincida e sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.
g )Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1998.
P.D. (O. 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda
9315